Boibel Forestal nace no ano 1992 impulsada por un grupo de xovens do rural galego formados en diferentes áreas científico-técnicas relacionadas co sector forestal e agrícola que deciden por en andamento unha iniciativa empresarial que desenvolve 3 ramas do sector forestal:
- Viveiro forestal e ornamental, como productores de planta frondosa principalmente, para uso forestal e ambiental, na que destaca a producción de Castanea x hibrida.
- Servizos forestais, dedicada á selvicultura e especializada na plantación e mantemento de frondosas caducifolias.
- Servizos de Enxeñería, dedicada ao asesoramento, elaboración e redacción de proxectos no ámbito agroforestal e no medio rural.
Cunha grande dose de ilusión, moito traballo e sendo premisa das súas accións o “bo facer”, Boibel conseguiu en poucos anos un recoñecemento entre os profesionais e clientes do sector como empresa de servizos forestais, enxeñería e como viveiro.
Na actualidade, Boibel Forestal continúa traballando co mesmo espírito dinámico e innovador que caracterizou o seu nacemento.
As duas décadas de experiencia no sector forestal proporcionáronlles un profundo coñecemento do medio rural e das súas necesidades e demandas. O obxectivo de Boibel é continuar ofrecendo solucións fruto das novas ideas e iniciativas que se poñen en marcha día a día na empresa.