« Volver

PLANTA DE CAMPAÑA

As nosas plantas nai de castiñeiro, Castanea x hybrida, que limpamos concienzudamente durante o mes de febreiro xa brotaron, aproveitando o rego das chuvias e as temperaturas inusualmente elevadas nesta zona para os meses de marzo e abril... agora só lles resta continuar medrando durante toda a primavera. 

Continua a época de utilización de planta en alveolo forestal
que poderemos continuar utilizando ata a chegada do periodo de seca estival. 
Dispomos das seguintes especies en alveolo forestal: Carballo do país (Quercus robur), Amieiro (Alnus glutinosa), Bido ou bidueiro (Betula celtiberica), Castiñeiro do país (Castanea sativa), Piñeiro do país (Pinus pinaster), Piñeiro insigne ou de monterrei (Pinus radiata),  Eucalipto nitens (Eucaliptus nitens)...   

Setos verdes
 de plantas como os Loureiros (Laurus nobilis), Buxos (Buxus sempervirens), Acebo (Ilex aquifolium), Tuias (Thuja plicata) e Leilandis (Cupressocyparis x leylandii) que pode atopar no noso viveiro cunha estupenda relación calidade – prezo! 
Achéguese polas nosas instalacións ou contáctenos e informarémola/o das múltiples opcións para pechar a súa finca ou xardín dunha maneira estética, moi económica e adaptado ás súas necesidades.