abetos

Abies nordmanniana

Unha das produccións principais de planta ornamental do noso viveiro é o Abeto do Cáucaso ou Abies nordmanniana, un abeto de grande porte orixinario de Europa do leste e Asia menor, moi valorado para o seu uso como árbore de nadal e en xardinería.

Ten un bonito follaxe verde brillante e xemas castaño - avermelladas durante o inverno. Os conos son cilíndricos e erectos de mais de 14 cm., con exudacións de resina ben visibles.

O Abeto do cáucaso goza dunha maior valoración para o uso como árbore de nadal do que as especies do xénero Picea (Picea abies), debido ao seu abundante e atractivo follaxe, polas súas acículas con puntas romas en lugar de afiadas e que non se desprenden da rama ainda sometidas ás altas temperaturas dos fogares durante a época do nadal.

Ademais, tamén é moi valorado en xardinería, pola súa perfecta forma cónica, e a simetría na disposición das ramas en cada verticilo, que semella case irreal.

O Abies nordmanniana é unha conífera de crecemento lento, precisando dunha estancia media en viveiro de 6 anos para a súa venda como árbore ornamental ou de nadal, cun tamaño medio entre os 80 e os 150 cm.

Boibel Forestal vende sempre os seus abetos en vivo (non se procede á tala para a venda), presentándoos ben con terrón (raíz+terra) ou en maceta, polo que tomando os pertinentes coidados a supervivencia está asegurada.