cast

Castiñeiro híbrido

A producción principal de Boibel Forestal Viveiro é o Castiñeiro híbrido, Castanea x hybrida coudercii, sendo un dos maiores produtores da península mediante a reproducción vexetativa de maneira masiva polo método de acodo baixo ou de corte e recalce.

Boibel Forestal comercializa o castiñeiro a raíz núa en feixes de 25 ou 50 uds, previamente seleccionados e clasificados por tamaños. Os tamaños disponibles son:

- Ata 50 - 50/100 - 100/150 - + 150 cm

En Boibel forestal producimos 33 clons de castiñeiro híbrido, cada un con diferenciadas características. Estes clons terán unha dedicación forestal e concretamente para madeira ainda que en moitos casos posuen unha dobre aptitude froito – madeira, e noutros casos son bos portainxertos.

Se tes interese en coñecer cales son as labores que se realizan en cada momento no noso viveiro podes consultar o apartado “PLANTA DE CAMPAÑA” que mostrará as accións que se están desenvolvendo na área de producción e mantemento, así como os momentos de realizalas túas reservas de planta.

O noso obxectivo é continuar satisfacendo aos nosos clientes ofrecendo este producto de máxima calidade para o que ano a ano perfeccionamos e implementamos novas técnicas na delicada labor de producción de castiñeiro e aumentamos a nosa producción para facer fronte ao reto de cubrila demanda existente e aproveitar toda a nosa experiencia na produción de híbridos artificiais de castiñeiro.

Clons comercializados por Boibel - (Descargar)

Clon no NP* Unidade de admisión Nº ensaios MADEIRA Supervivencia Resistencia a Phytophora Brotación CASTAÑA PORTAINXERTOS (1)
Vigor Dominancia apical Rectitude Data producción Calibre Tabicación
CHR-197 90044 3 elevado elevada elevada media algo resistente cedo cedo moi grande non malo
CHR-195 88 4 medio media media elevada resistente cedo cedo mediana non -
CHR-193 7810 5 elevado media media media resistente cedo media pequena non -
CHR-180 1483 6 medio - media media resistente cedo media pequena non bo
CHR-196 89 5 medio media media media resistente cedo cedo moi grande algo -
CHR-187 55 4 - elevada media - algo resistente cedo cedo mediana non malo
CHR-183 393 4 - - elevada - moi resistente cedo media pequena non regular
CHR-184 3 5 elevado - - media algo resistente cedo media pequena non -
CHR-181 324 1 - - elevada - resistente cedo media pequena non bo
CHR-179 1482 5 - - - media moi resistente cedo cedo grande non bo
CHR-137 125 3 - - - media sensible cedo cedo grande non moi bo
CHR-182 374 2 - - - - resistente cedo media pequena non bo
CHR-136 2671 5 medio media elevada elevada resistente cedo media pequena non -
CHR-147 431 3 elevado elevada elevada elevada algo resistente cedo cedo mediana non -
CHR-33 111-1 9 elevado media elevada media moi resistente cedo media pequena non bo (2)
CHR-162 7521 10 medio media elevada elevada resistente cedo cedo pequena non bo
CHR-149 90025 8 elevado media elevada media algo resistente cedo cedo mediana non bo
CHR-67 19 4 medio elevada elevada media algo resistente cedo moi cedo grande algo malo
CHR-151 H-S 10 medio escasa media elevada resistente cedo media pequena non malo

Fonte CIMAM Lourizán. Xunta de Galicia - Datos extraídos do Tríptico elaborado polo Centro de Investigación e Información Ambiental de Lourizán editado pola Xunta de Galicia.

NP*= Núcleo de propagación de castiñeiro híbrido no CINAM-LOURIZÁN
(1) indicando "Datos provintes de ensaios de inxerta realizados por viveirista especializado, non se trata de estudos seguindo o método científico".
(2) poucas probas: Boa resposta.

Como surxe o Castiñeiro híbrido?...Un pouco de historia

Como se produce o Castiñeiro híbrido?

Enlaces de interese