Boibel Forestal
Solucións agro-forestais
¿Quenes somos?
Boibel Forestal nace no ano 1992 impulsada por un grupo de xovens do rural galego formados en diferentes áreas científico-técnicas relacionadas co sector forestal e agrícola que deciden por en andamento unha iniciativa empresarial que desenvolve 3 ramas do sector forestal:
Cunha grande dose de ilusión, moito traballo e sendo premisa das súas accións o “bo facer”, Boibel conseguiu en poucos anos un recoñecemento entre os profesionais e clientes do sector como empresa de servizos forestais, enxeñería e como viveiro.
Viveiro forestal e ornamental, como productores de planta frondosa principalmente, para uso forestal e ambiental, na que destaca a producción de Castanea x hibrida (castiñeiro híbrido).
Servizos forestais, dedicada á selvicultura e especializada na plantación e mantemento de frondosas caducifolias.
Servizos de enxeñería
Servizos de Enxeñería, dedicada ao asesoramento, elaboración e redacción de proxectos no ámbito agroforestal e no medio rural.
Na actualidade, Boibel Forestal continúa traballando co mesmo espírito dinámico e innovador que caracterizou o seu nacemento. As duas décadas de experiencia no sector forestal proporcionáronlles un profundo coñecemento do medio rural e das súas necesidades e demandas. O obxectivo de Boibel é continuar ofrecendo solucións fruto das novas ideas e iniciativas que se poñen en marcha día a día na empresa.
O viveiro
Boibel Forestal viveiro produce unha ampla variedade de planta forestal, ornamental e ambiental en diversos formatos e tamaños.
O Castiñeiro híbrido ou Castanea x coudercii, é o noso producto mais apreciado, cunha producción de máis de 30 clons de castiñeiro aptos para madeira, froito ou portainxertos e resistentes ao mal da tinta (Phytophthora cinnamomi).
Na producción forestal Boibel está especializada en planta frondosa a raíz núa de especies como Alnus glutinosa (amieiro), Betula celtiberica (bido ou bidueiro), Castanea x hybride (castiñeiro híbrido), Fraxinus excelsior (freixo), Juglans regia (nogueira do país), Quercus rubra (carballo americano) … ¡e moitas mais!
O abeto do cáucaso ou Abies nordmanniana é a nosa producción principal en planta ornamental, para o seu uso en xardinería e como árbore de nadal.
Ademais, Boibel produce outras plantas ornamentais: especies tapizantes como o Cotoneaster horizontalis (cotoneaster), especies de peche verde como a Thuja plicata (tuia) e Buxus sempervirens (buxo), Prunus laurocerasus (loureiro real) e arbustos de elevado valor estético como o Ilex aquifolium (acebo), Taxus baccata (teixo), e Abies nordmanniana (Abeto do Cáucaso) … ¡ Dispomos dunha ampla variedade de especies a prezos moi moi competitivos !
Tamén pode encontrar unha enorme variedade de planta ambiental frondosa de grandes dimensións ideal para xardíns forestais, revexetacións e recuperación de áreas degradadas, a prezos únicos, consúltenos!
O viveiro da empresa Boibel Forestal dispón de máis de 100.000 m² de terreos en produción e situase no interior da provincia da Coruña (Meseta interior), concretamente na aldea Fradense de Pazo de Galegos, que reune unhas condicións óptimas para o cultivo de planta ornamental e forestal en viveiro, por dárense unhas elevadas precipitacións ao longo de todo o ano, onde non existe periodo de seca estival, os veráns son temperados e os invernos frios, o que proporciona unhas óptimas condicións para a producción de planta ben proporcionada, con crecementos sostidos e con grande resistencia á climatoloxía adversa o cal facilita e asegura o éxito da adaptación no seu futuro hábitat.