Os nosos servizos

En Boibel abarcamos unha parte importante do ciclo de explotación forestal, que vai desde a producción de planta, preparación do terreo, plantación, e as distintas e necesarias prácticas silvícolas ata a fin de quenda de corta.

Ademais nos últimos anos en Boibel puxemos en marcha duas actividades novidosas no ámbito forestal:

  • Recollida e trituración de restos de corta para o seu aproveitamento como biomasa
  • Implantación de parcelas para o aproveitamento secundario do bosque: cogumelos, froitos do bosque, gando etc.

Obra Forestal e Ambiental

Boibel, ademais da producción de planta forestal dedícase á mellora e conservación do noso entorno, mediante actividades relacionadas coa protección, rexeneración e conservación dos nosos montes, e á creación de áreas axardinadas e forestais destinadas ao uso e disfrute da poboación.

Dentro destas actividades destacamos:

  • Repoboacións forestais, intentado conseguir masas forestais de calidade que aseguren ós seus propietarios as mellores rendas á hora de realizalos aproveitamentos.
  • Limpeza de fincas
  • Mantemento de plantacións, desbroces, podas, abonados, tratamentos fitosanitarios…
  • Trituración de residuos forestais para o seu aproveitamento como biomasa
  • Creación de áreas recreativas
  • Creación de xardíns sostibles
  • Creación de parcelas de aproveitamento non madeirables: frutos do bosque, cogomelos, silvopastoralismo, etc.
  • Redes viarias, (Elaboración de camiños, Cortalumes, Peches de fincas)
  • Limpeza de vías forestais

Estas labores son executadas coas máximas garantías técnicas, para o que dispomos dun parque de maquinaria e enxeñería propios e persoal técnico e a pé de obra altamente cualificado. A execución deste tipo de actividades convírtese nun dos obxetivos prioritarios, comprometéndose a ofrecer os seus clientes todo o asesoramento que necesiten tanto no ámbito forestal, ambiental e agropecuario.

Asesoramento Técnico e redacción de proxectos

Boibel ofrece aos seus clientes a posibilidade de xestionar as súas propiedades dun xeito axeitado tecnicamente, polo que ademais da producción de planta de máxima calidade e a execución de labores forestais, se o cliente o demanda, ten á súa disposición un equipo de técnicos que o asesorarán en todo o momento.

As labores de asesoramento técnico que se ofrecen van desde a tramitación e seguemento de subvencións, elaboración e redacción de proxectos de forestación, tratamentos selvícolas, cálculo e instalación de estructuras no medio agroforestal, creación de xardíns forestais, aproveitamentos forestais non madeireiros, ata o asesoramento e execución de proxectos relacionados coa enxeñería rural como obras e servicios para a conservación, protección e mellora do medio natural.

I+D+i

Boibel aposta pola inversión en investigación e cre na innovación, ambas como pezas clave para o desenvolvemento do tecido productivo, social e económico do sector forestal e do medio rural galegos.

É por isto que desde os seus inicios participou e continúa formando parte de diversos proxectos de investigación levados a cabo pola propia entidade e por outras, e en colaboración con Centros de Investigación e as Universidades Galegas, entre as que podemos nomear:

  • SOUTONOVO, Cooperación para o desenvolvemento dun novo proceso integrado de talladía do Castiñeiro, en colaboración con la USC (Universidade de Santiago de Compostela), CTC (Centro tecnológico da Carne) y UdC (Universidade da Coruña); (2008 – 2010).
  • “Obtención de materiales de base de castaño resistentes a Phytophthora cinnamomi”. Producción a gran escala de materiales forestales de reproducción de castaño de categoría cualificado, en colaboración con TRAGSA (2006 – 2007).
  • “Estudio Técnico de Resultados de Arraigo e Crecemento Inicial con repoboacións de Pseudotsuga menziesii e Pinus radiata”. Este estudio nace como consecuencia dun convenio establecido coa Universidade de Santiago de Compostela, a través da unidade docente de Silvicultura e Repoboacións, pertencente á titulación de Enxeñería Técnica en Explotacións Forestais da Escola Politécnica Superior de Lugo.
  • “Manexo de restos de corta e adición de cinzas de cortiza arbórea para o aproveitamento sostible de plantacións forestais”. Outro dos estudios que se levou a cabo coa Universidade de Santiago de Compostela, participando o Departamento de Edafoloxía, Química Agrícola e Produción Vexetal da Escola Politécnica Superior de Lugo. Durante a súa elaboración, Boibel Forestal, aportou unha das parcelas de seguimento, repoboada con Pseudotsuga menziesii e cunha idade de 6 anos.

O Sistema de Xestión da I+D+i de BOIBEL recibiu do Ente Nacional de Acreditación (ENAC) o certificado de conformidade coa norma UNE 166002:2006.

A implantación do sistema e a súa certificación foron cofinanciadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) no cadro do Programa Innoempresa do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

Proxecto de I+D ConectaSOUTO PLUS
Convocatoria Conecta peme de fomento da cooperación de proxectos de investigación en Galicia cofinanciado polo Polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) 2016.
Orzamento Total: 341.675,69 euros
Subvención: 60 %
Agrupación de Pemes ConectaSOUTO PLUS
Comunicación pública segundo fito ConectaSOUTO PLUS
Comunicación pública final ConectaSOUTO PLUS