Castiñeiro híbrido

A producción principal de Boibel Forestal Viveiro é o Castiñeiro híbrido, Castanea x hybrida coudercii, sendo un dos maiores produtores da península mediante a reproducción vexetativa de maneira masiva polo método de acodo baixo ou de corte e recalce.

Boibel Forestal comercializa o castiñeiro a raíz núa en feixes de 25 ou 50 uds, previamente seleccionados e clasificados por tamaños. Os tamaños disponibles son ata 50 cm, de 50 a 100 cm, de 100 a 150 cm e máis de 150 cm.

En Boibel forestal producimos 33 clons de castiñeiro híbrido, cada un con diferenciadas características. Estes clons terán unha dedicación forestal e concretamente para madeira ainda que en moitos casos posuen unha dobre aptitude froito – madeira, e noutros casos son bos portainxertos.

Se tes interese en coñecer cales son as labores que se realizan en cada momento no noso viveiro podes consultar o apartado “PLANTA DE CAMPAÑA” que mostrará as accións que se están desenvolvendo na área de producción e mantemento, así como os momentos de realizalas túas reservas de planta.

O noso obxectivo é continuar satisfacendo aos nosos clientes ofrecendo este producto de máxima calidade para o que ano a ano perfeccionamos e implementamos novas técnicas na delicada labor de producción de castiñeiro e aumentamos a nosa producción para facer fronte ao reto de cubrila demanda existente e aproveitar toda a nosa experiencia na produción de híbridos artificiais de castiñeiro.

Como xorde o Castiñeiro híbrido? Un pouco de historia

O castiñeiro é un símbolo cultural e identitario do inconsciente colectivo da poboación rural galega. Este fenómeno non é casual, senón que está motivado polo papel fundamental desta árbore no agrosistema rural tradicional, como productor de:

  • Froitos de fácil conservación e elevadas cualidades organolépticas, nutritivas e enerxéticas.
  • Madeira de alta durabilidade e resistencia, de óptima calidade para o uso na construcción de mobles e elementos constructivos e estructurais das vivendas.

Na actualidade o castiñeiro converteuse na frondosa caducifolia de Galicia que maior potencialidade ten para xerar desenvolvemento rural, grazas á súa doble producción: madeira e froitos, e á posibilidade de complementalas produccións co silvopastoralismo, produccións de froitos do bosque, cogomelos, etc.

O mantemento, conservación e restauración dos soutos, así como o fomento da súa implantación xera rendas a curto, medio e longo prazo, fomenta a creación de emprego, potencia os recursos ambientais e paisaxísticos da sociedade no seu conxunto, así como os valores tradicionais.

As poboacións de castiñeiro do país, Castanea sativa, existentes no suroeste europeo comezaron a presentar ataques importantes da coñecida popularmente como “a tinta do castiñeiro” a mediados do S. XIX. Esta é unha doenza criptogámica, producida por un fungo que ataca as raíces da planta.

A área de maior incidencia desta enfermidade na comunidade galega abrangue as zonas litorais das provincias de A Coruña, Pontevedra e en menor medida Lugo, en terreos cunha altitude inferior aos 600 m.

Nas primeiras décadas do século XX, na busca dunha solución á merma das poboacións de castiñeiro causadas pola tinta, optouse inicialmente pola introducción de sementes de especies de Castiñeiro xaponés e chinés, Castanea crenata e Castanea mollissima, resistentes ao fungo. Esta práctica foi desbotada debido á mala adaptación dos castiñeiros asiáticos ás sequías estivais e á baixa compatibilidade ao enxerto coas variedades de castiñeiro do país.

Foi polos anos 30 do século pasado que comezaron os primeiros estudos sobre a obtención do Castiñeiro híbrido, Castanea x hybrida coudercii, é un híbrido artificial obtido do cruzamento mediante polinizacións controladas do castiñeiro do país, Castanea sativa, moi sensibel ao fungo Phytophtora cinamomi causante da doenza da tinta, e castiñeiros xaponeses e chineses, resistentes á devandita doenza.

Os primeiros programas de obtención de híbridos de castiñeiro foron realizados por Pedro Urquijo Landaluce no ano 1938, e posteriormente desenvolvéronse diversos programas de selección de clons resistentes á tinta para a producción de madeira.

Na actualidade están aprobados como materiais de base un total de 32 clons híbridos das categorías controlados ou cualificados (de acordo co R.D. 289/2003, que regula a comercialización de materiais forestais de reproducción) que foron seleccionados polo CINAM-LOURIZÁN.

O uso do castiñeiro híbrido fai posible a reintroducción do castiñeiro nas zonas de clima de influencia atlántico e cantábrico, onde o castiñeiro do país non é viable porque o ataque fúnxico nas variedades tradicionais é moi probable debido ao clima. Ademais, mediante a selección de clons con boas aptitudes para portaninxertos podemos utilizar os híbridos como patróns e variedades tradicionais productoras de castaña enxertadas.

Como se produce o Castiñeiro híbrido?

A forma de producción vexetativa que Boibel Forestal utiliza denomínase acodo baixo, mediante o recepado das plantas nai. Para conseguir óptimos resultados no proceso productivo é preciso realizar cada labor do proceso con suma precisión e coidado para o cal se require persoal técnico e en obra cualificado e con experiencia na súa execución.
As fases de producción de castaño híbrido logo de instalados os campos de plantas nai son:

  1. Recepado das plantas nai con diámetro suficiente para a posta en producción.
  2. Desfollado, anelado e hormonado dos barbados ou brotes que emite a planta nai (maio-xuño-xullo).
  3. Aporcado de terra suficiente ata unha altura superior á do lugar onde se realiza o tratamento (realízase de maneira simultánea ao punto 2).
  4. Labores de mantemento dos barbados ou novas plantas durante a época de enraizado: podas, limpeza do terreo
  5. Desenterrado das plantas nai e extracción das novas plantas (decembro – xaneiro)
  6. Selección e clasificación para o suministro aos nosos clientes (xaneiro- febreiro).
  7. Limpeza das cepas ou plantas nai (marzo, antes do inicio da brotación).
  8. Aplicación de abono foliar estimulante do crecemento e as defesas da planta (maio).
  9. Aplicación de abono foliar estimulante do crecemento e das defesas da planta (maio).

Abies nordmanniana

Unha das produccións principais de planta ornamental do noso viveiro é o Abeto do Cáucaso ou Abies nordmanniana, un abeto de grande porte orixinario de Europa do leste e Asia menor, moi valorado para o seu uso como árbore de nadal e en xardinería.

Ten un bonito follaxe verde brillante e xemas castaño – avermelladas durante o inverno. Os conos son cilíndricos e erectos de mais de 14 cm, con exudacións de resina ben visibles.

O Abeto do cáucaso goza dunha maior valoración para o uso como árbore de nadal do que as especies do xénero Picea (Picea abies), debido ao seu abundante e atractivo follaxe, polas súas acículas con puntas romas en lugar de afiadas e que non se desprenden da rama ainda sometidas ás altas temperaturas dos fogares durante a época do nadal.

Ademais, tamén é moi valorado en xardinería, pola súa perfecta forma cónica, e a simetría na disposición das ramas en cada verticilo, que semella case irreal.

O Abies nordmanniana é unha conífera de crecemento lento, precisando dunha estancia media en viveiro de 6 anos para a súa venda como árbore ornamental ou de nadal, cun tamaño medio entre os 80 e os 150 cm.

Boibel Forestal vende sempre os seus abetos en vivo (non se procede á tala para a venda), presentándoos ben con terrón (raíz+terra) ou en maceta, polo que tomando os pertinentes coidados a supervivencia está asegurada.

Planta forestal

Boibel Forestal viveiro ten unha ampla variedade de planta forestal, que comercializa a raiz núa e en envase.

Na producción forestal, Boibel está especializada en planta frondosa a raíz núa de especies como Alnus glutinosa (amieiro), Betula celtiberica (bido ou bidueiro), Castanea x hybrida (castiñeiro híbrido), Fraxinus excelsior (freixo), Juglans regia (nogueira do país), Quercus rubra (carballo americano) entre outras.

Tamén dispomos de planta en envase forestal, tanto conífera (Pinus radiata, Pinus pinaster, Pseudotsuga menziesii), como frondosa (Eucaliptus nitens, Alnus glutinosa, Betula celtiberica, Quercus rubra, etc) o que permite realizar a reforestación fóra da época invernal, fundamentalmente correspondentes co outono e a primavera.

Todas as nosas sementes están controladas e garantidas pola administración galega, pasando os distintos controis de calidade e pragas aos que cada especie está suxeita.

Planta ornamental

Boibel Forestal produce planta ornamental, mediante estaquiña e en menor medida mediante sementeira.

Boibel comercializa planta en todos os tamaños e presentacións e a prezos moi competitivos, sempre na busca de solucións ás demandas dos nosos clientes.

Algunhas das plantas que pode encontrar no noso viveiro son: especies tapizantes como o Cotoneaster horizontalis (cotoneaster), especies de peche verde como Buxus sempervirens (buxo), Laurus nobilis (loureiro),Thuja plicata (tuia), e arbustos de elevado valor estético como o Ilex aquifolium (acebo), Taxus baccata (teixo), e Abies nordmanniana (Abeto do Cáucaso), entre outras.

Frondosa ambiental

Boibel Forestal Viveiro dispón de máis de 10.000 m2 de terreos dedicados á producción e engorde de Planta Frondosa de grande porte. Esta planta ten unhas características óptimas para a creación de xardíns forestais, revexetacións e recuperación de áreas degradadas, debido á súa fisionomía, prezo económico e boa adaptación ás condicións do medio natural.

Esta planta é producida e engordada nas nosas parcelas da maneira máis próxima a como o faría en estado natural:

  • Rebaixamos a intensidade dos tratamentos na parte aérea (podas, repicados, esmoucas),
  • Disminuimos os aportes externos de adubos compostos, introducindo as especies con maiores requerimentos edáficos nos solos máis desenvolvidos e viceversa.
  • Realizamos repicados de raíz e limpezas da matogueira coa finalidade de melloralo arraigo no seu destino definitivo.

Desta maneira conseguimos árbores adultas ben proporcionadas, con formas únicas e irrepetibles, tan belas e imperfectas como a propia natureza.

As formas de presentación disponibles para a venda son:

  • A raíz núa, sendo a época de plantación recomendada entre os meses de decembro a abril, logo da caída da folla no outono e antes da época de abrocho na primavera.
  • En enreixado forestal de 10 – 15 L, que conforma o cepellón da planta e permite realizala plantación fóra da época de parada vexetativa invernal.

Os tamaños de venda que dispomos son de 200 a 400 cm e máis de 400 cm.

Outros produtos

Un dos obxectivos de Boibel é ofrecer aos seus clientes servizos integrais e de calidade. Por iso dispomos dunha ampla gama de productos imprescindibles para o selvicultor, como son:

  • Abonos granulados de liberación lenta
  • Vainas de protección para planta: protección contra roedores, gando, fauna salvaxe, efecto invernadeiro, biodegradables.
  • Estacas para entutorar en madeira tratada en autoclave.
  • Mastic arbóreo – corteza artificial desinfectante
  • Sustratos: cortiza de piñeiro, turba